luns, 11 de abril de 2011

AHI VAN UNHAS CANTAS FOTOS

https://www.dropbox.com/gallery/25852412/1/belelle%20web?h=0a57af

SE TEDES GALERIAS DE FOTOS (PICASSA, FLICKER, ETC..) ENVIANOS TEU ENLACE PARA PUBLICALO.

luns, 14 de marzo de 2011

xoves, 17 de febreiro de 2011

UNHA MINA EN PICO VELLO (REPORTAXE NA TVE2)

O próximo venres 18 de febreiro, ás 18:00 hs., o programa o Escarabajo Verde de A 2 de TVE emite unha reportaxe sobre o proxecto de explotación mineira en Pico Vello (As Pontes) na que participaron membros de diferentes colectivos ecoloxistas opostos ao proxecto. O programa repetiráse o domingo 20 de febreiro ás 13:45 h. en A 2 de TVE, e estará dispoñible na web a partir do luns 21 de febreiro.

No pasado mes de marzo de 2010, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental aprobou a Declaración de Impacto Ambiental do proxecto de explotación mineira promovido por Picobello Andalucita, S.L. No mes de novembro do mesmo ano, o Secretario Xeral, tralas denuncias presentadas, recoñeceu os erros existentes na DIA. Na actualidade, o proxecto non conta todavía cos permisos definitivos por parte da Consellería de Economía e Industria, pero a empresa segue a demandar diñeiro público: solicitou recentemente 7 millóns de euros ao Plan Ferrol.


A zona de Pico Vello está nas proximidades do Parque Natural Fragas do Eume, e constituída na súa maior parte por unha fraga mesta e pasteiros. O monte Fontardión, ao pé do cal se atopa Pico Vello, constitúe o único corredor ecolóxico entre o Parque Natural Fragas do Eume e Lugar de Interese Comunitario Xubia-Castro, ámbolos dous incluídos xa na Rede Natura 2000. A posta en funcionamento da explotación suporía a perda deste corredor ecolóxico e a destrución irreversible dun inmenso patrimonio natural e etnográfico (fragas, regos, brañas, muíños, ...). Non hai que esquecer que o proxecto afectaría tamén ó Parque Natural Fragas do Eume, dado que a entulleira situaríase xusto sobre rego Maciñeira, afluente do río Eume, principal cauce que percorre o Parque Natural, o que suporía unha grave contaminación, por lixiviacións, escorreduras, etc.


Tal e como denunciamos na reportaxe do Escarabajo Verde, autorizar esta explotación provocaría a eliminación definitiva e irreversible da fonte principal do río Belelle, afectando gravemente tanto á cantidade como á calidade das súas augas, das que se subministra unha poboación importante dos concellos de A Capela, Cabanas, Fene, Neda e Ferrol.