mércores, 5 de abril de 2017

BELELLE, DE NOVO TODO BEN

Incluso pouco choveu, o día perfecto, so 3 participantes retirados dos 121 que tomaron a saída en Goente... e ollo que xa estamos a colgar as fotos no blog!! Agora a pensar nos 50km da Costa Artabra

BÚSCATE NAS FOTOS

Participaches no XII Descenso do Belelle? Xa podes buscarte nas fotos!
http://belelleape.blogspot.com.es/p/fotos-2017.html

luns, 3 de abril de 2017

ESTIVECHES NO BELELLE? COMPARTE AS TÚAS IMPRESIÓNS!

Xa pasou o día e de seguro que estades a agardar pola galería de fotos, namentras as subimos podedes ler un breve resumo deste fermoso día en Radiofusión Fene.

Tamén temos este vídeo que envía Juan Seoane López, mesmo deulles tempo a facer o making-of...

Vése que a nosa Corrente de ideas tamén fomenta a creatividade. Se participaches, comparte os teus comentarios, fotos, vídeos, etc. sobre o Descenso do Belelle neste mesmo blog, por mail, ou en calquera das redes sociais nas que temos presenza en Twitter ou Facebook


venres, 31 de marzo de 2017

127 INSCRITOS, 26 FEDERADOS DE 7 CLUBES DE GALICIA

Cunha predición meteorolóxica favorable, os bocatas de ENPANES, a bebida cedida moita polo EROSKI-Neda, as laranxas recén chegadas de Alacante dos nosos amigos de Taronges de la Caseta, 3 buses de Autos Paco listos,  todo en firme.

A ver se desfrutamos dun día decente e o pasamos todos ben. Un percorrido pola beira do Belelle, ben o merece, cun pincho final do Concello de  Neda. Agardámosvos mañá!



martes, 28 de marzo de 2017

ANDAR UN RÍO ENTEIRO

Cantas veces podes dar o luxo de andar un río enteiro nun día, desde o seu nacedoiro ata que morre no  mar da ría de Ferrol 30 quilómetros máis abaixo?


O Descenso do Belelle é para nós a «Corrente de ideas» porque percorrer un río é percorrer unha vida enteira. Por unhas horas podes fuxir do tráfico, do ruído, das redes sociais e facer esta viaxe ao centro do noso corazón natural polos concellos de As Pontes, A Capela, Fene e Neda.



Quedan horas para pechar a inscrición, se aínda non o fixeches anímate, porque nunca esquecerás esta experiencia!

xoves, 23 de marzo de 2017

PENA LOBEIRA

Nada mais arrancar, o Fontardión (o mellor cara o leste, vemos os Ancares ainda nevados), e as configuración batolíticas de Pena Lobeira, O Val de As Pontes no fondo e todo o noroeste.
 




xoves, 16 de marzo de 2017

EXCESO DE SINALIZACON

Esta o GR55 (Betanzos - Teixido) que interfire un tramo con río na zona de Formariz, realmente empeza a estar un pouco "guarro " de pintura este tramo
 



MANUEL MEIZOSO O ALCALDE DA CAPELA

O atopamos revisando o estado do sendeiro no río na zona de Cabalar: Certifica que está perfecto (e é certo)


xoves, 9 de marzo de 2017

"CANAL" DO BELELLE

Esa empresa que se din galega, e que como moitas farda de "medioambientalismo" e que nos mete uns clavos nos recibos ainda inexplicados (no noso local nestes meses foi dun atraco, con alevosía, e sen nocturnidade pois o fan a luz do día e coa complicidade dos diferentes gobernos), faría un estudo de impacto ambiental do peche do Canle, que ainda non sabemos ben que pretende, aparte de converter nunha trampa mortal para os animais o propia canle, pero o que si é certo e que a vai posta é un auténtnico atentado visual nunha das fragas más autenticas da nosa bisbarra...pero ainda así o Belelle segue a ser un marco de impresión..o veredes!
 






 

martes, 7 de marzo de 2017

ABRIMOS A INSCRICION