martes, 10 de abril de 2018

A FERVENZA, ESPLENDOROSA

Con todo o que choveu estes días a Fervenza do río Belelle amosa toda a súa grandeza natural como podedes ver nestes vídeos que gravou hoxe o noso compañeiro Emilio.
O salto da Fervenza, de 45 metros de altura, é unha das grandes atraccións naturais da nosa comarca, compartida polos concellos de Neda e Fene.
Para nós é un punto especialmente emocionante no percorrido do Descenso do Belelle, pois acadando case os 25 km de andaina ás costas, o paso pola Fervenza entre Viladonelle e Marraxón, presaxia a cercanía do final do roteiro na vila de Neda.

Se aínda non o fixeches, inscríbete no XIII Descenso do Belelle e comparte esta información nas túas redes sociais.